Casa Pasiva A Capela
ESTE PROXECTO AFORRA
4670,55 kgCO2/ano
CERTIFICACIÓN
–
DEMANDA DE CALEFACCIÓN
14 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN
– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA
68 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE
0,6 renovacións/h
A casa Passivhaus situada en A Capela, A Coruña, érguese nunha gran parcela no medio dunha zona rural tradicional protexida polo Patrimonio Cultural Galego. Esta afectación marcou o deseño de todo o proxecto, pensando en cada detalle para respectar ao máximo a tradición do medio. O volume principal, onde se sitúan as estancias principais da vivenda, está formado por dúas alturas con cuberta a dúas augas e complétase con dúas pequenas edificacións dunha soa planta con cubertas a dúas augas onde se sitúan as zonas de servizo.
A vivenda, pensada para dúas persoas, está construída cunha armazón de madeira tanto en vertical como en horizontal, e con illamento natural no seu interior. A envolvente térmica complétase cun illamento no exterior rematado con fachada de pedra e algúns detalles con fachada ventilada de lamas de madeira de piñeiro termotratado.
A carpintería é de madeira e vidro triple baixo emisivo. As fiestras están protexidas con persianas tipo screen no exterior. Na planta baixa, un alpendre rodea as grandes ventás do salón.
Unha aerotermia alimenta o ACS e o chan radiante. A unidade de recuperación de calor funciona de forma independente, ventilando o aire da casa. Ademáis, conta cunha lareira no salón que quentará a casa nos días máis fríos.
Arquitectura: Marta Trigás
Passivhaus Designer: Marta Trigás
Estrutura: Escuadría
Arquitectura técnica: Alce arquitectura
Construción: EDM Casas


