Casa Pasiva a Lagoa

ESTE PROXECTO AFORRA
2837,955 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

12,21 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

91,60 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A casa Passivhaus situada preto da praia de Gandarío no Concello de Bergondo, A Coruña, érguese nunha parcela cunha orografía peculiar. Trátase dunha parcela triangular, elevada a ras da rúa e en pendente.

O acceso á parcela dende a rúa marcou o deseño deste proxecto desde o primeiro bosquexo.

A topografía e orientación da parcela, xunto coa procura da solución económicamente máis viable e menos agresiva co terreo natural, guiaron a distribución das edificacións na parcela sen xerar moita transformación no terreo e orientar ao máximo posible a vivenda ao Sur.
 
Como curiosidade, todas as edificacións resólvense mediante a construción tradicional, muros de carga de bloques de termoarxila e forxados con viguetas e bóvedas illantes, que contribúen a mellorar a transmitancia da envolvente.
 
Polo exterior resólvese mediante pedra e un sistema SATE acabado con pinturas de base mineral.
 
As carpinterías son de PVC e vidro dobre baixo  emisivo. A propia forma da vivenda xa expón un elemento de protección solar para as xanelas da fachada Sur ao mesmo tempo que crea un soportal no exterior. O resto das xanelas están protexidas polo exterior mediante persianas de lamas  orientables que mitigan a incidencia do sol nos meses máis calorosos.
 
A climatización da casa fornécese a través do aire de ventilación mecánica con recuperación de calor e unha batería eléctrica de postratamiento para lograr o máximo confort.

 

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás
Passivhaus Designer: Marta Trigás