Casa Passivhaus Abegondo

ESTE PROXECTO AFORRA
688,38 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus Classic
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

14 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

88 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A vivenda Passivhaus, situada en Abegondo, está deseñada en forma de U para conseguir a mellor orientación ao mesmo tempo que se aproveita ao máximo a forma da parcela, as vistas e o encaixe coa contorna. 

Trátase dunha vivenda en planta baixa que xoga con dous volumes. O primeiro, de menor altura, está aliñado coa rúa e contén o garaxe, o despacho, a lavandería e o soportal de acceso co vestíbulo de entrada. A forma de U permítenos afastarnos da edificación veciña creando un espazo de acceso agradable e espazoso. O segundo volume, de maior altura, contén a sala-cociña-comedor e os dormitorios, e termina nun soportal envorcado cara ao oeste onde se sitúa o xardín, o que permite gozar da privacidade da parcela coa mellor orientación.

Construída con estrutura de bloques de cerámica alixeirada que axudan a mellorar o comportamento térmico da envolvente, a casa combina fachada de Sate de 120 mm con fachadas revestidas en pedra do país tamén illadas con 120 mm.

A estanqueidade desta casa executouse mediante unha capa de xeso de 15 mm na cara interior dos bloques de cerámica alixeirada. As cintas Contega Solid SL empregáronse para selar a cara interior das fiestras coa capa de xeso. e para os pasos das instalacións empregouse unha membrana de poliuretano modificada con betún, a mesma que para reforzar os encontros entre a lousa do tellado e o chan coa envolvente.

Está climatizada mediante unha batería de postratamento eléctrica para calefactar situada no sistema de ventilación e tamén conta con toalleiros calefactores nas zonas húmidas. A instalación dun pozo canadiense logra mellorar a eficiencia enerxética do sistema axudando a refrescar no verán de forma moi notable.

ACTORES
Arquitectura: Marta Trigás
Passivhaus Designer: Marta Trigás
Arquitectura técnica: ALCE Arquitectura
Construcción: Decoval
Certificación: Energiehaus Arquitectos SL