Casa Passivhaus Breogán

ESTE PROXECTO AFORRA
6772,392 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

13,54 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

74 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A vivenda  Passivhaus, situada na Urbanización Breogán da Coruña, levántase sobre unha parcela con pendente nos seus dous eixos.

A topografía e a orientación da parcela marcaron o deseño deste proxecto desde o primeiro bosquexo. As premisas que levaron a esta curiosa  volumetría resolta mediante estrutura de formigón armadobloques de cerámica alixeirada foron a necesidade de adaptarse ao desnivel que existe desde a rúa ata a zona máis privada da parcela sen xerar moita transformación no terreo e orientar ao máximo posible a vivenda ao Sur. Como curiosidade, os forxados son tradicionais, de  viguetas e  bovedillas illantes, que axudan a mellorar a  transmitancia da  envolvente. Polo exterior resólvese mediante fachada  ventilada cerámica  e un sistema  SATE acabado con pinturas de base mineral.

As carpinterías son de PVC e vidro dobre baixo emisivo con control solar. A propia forma da vivenda xa expón un elemento de protección solar para as xanelas da fachada Sur ao mesmo tempo que crea un soportal no exterior. O resto das xanelas están protexidas polo exterior mediante persianas que mitigan a incidencia do sol nos meses máis calorosos.

Está climatizada a través do aire procedente da ventilación mecánica con recuperación de calor e unha batería eléctrica de postratamento para o máximo confort.

 

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás

Arquitectura técnica e enxeñería: Alce Arquitectura