Casa Passivhaus en Anduriñas

ESTE PROXECTO AFORRA
3600,200 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

9,83 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

88,09 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A casa Passivhaus está situada na rúa Anduriñas en Oleiros (A Coruña).

Ao partir dun plano dado, nesta casa tívose moito coidado á hora de definir ben a envoltura térmica e as súas pontes térmicas. A casa está construída usando unha estrutura de formigón armado e bloques de cerámica alixeirada, aillamento polo exterior mediante o sistema SATE e revestimento de pedra. No interior o recinto complétase cun revestimento autoportante que facilita o paso das instalacións e complementa a transmitancia da parede.

A carpintería é de PVC e dobre vidro de baixo emisivo con control solar. A propia forma da casa xera un elemento de protección solar para as fiestras da fachada sur. Este elemento compleméntase cunha serie de toldos que mitigan a incidencia do sol nos meses máis calorosos: horizontais na planta baixa xerando un soportal e verticais na planta superior.

Está climatizada a través do aire procedente da ventilación mecánica con recuperación de calor e unha batería eléctrica de postratamento para o máximo confort.

 

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás

Arquitectura técnica e enxeñería: Alce Arquitectura