Casa Passivhaus Iñás

ESTE PROXECTO AFORRA
3100,51 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus Classic
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

12 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

95 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A casa Passivhaus, situada en Iñás (Oleiros), érguese nunha parcela con varios condicionantes.

O primeiro é a súa forma alongada en dirección Este-Oeste, que condicionou a forma da vivenda para aproveitar ao máximo as ganancias solares e o xardín na zona Sur. Ademais, limita ao norte co río San Pedro e ao leste coa estrada que se sitúa aproximadamente a 2 metros sobre o nivel natural da parcela. O resultado é unha parcela cunha capa freática moi alta e afundida con respecto ao nivel de entrada dende a rúa.

Por estes motivos, as opcións para resolver a estrutura e a cimentación da vivenda determinaranse conxuntamente entre a dirección da obra e a empresa construtora tan pronto como se inicien os traballos.

A optimización enerxética da vivenda resólvese con bloques de termoarxila e SATE no exterior. As cubertas son planas e tradicionais, con viguetas e bovedillas illantes que axudan a mellorar a transmitancia da envolvente.

As carpinterías son de PVC e vidro dobre baixo emisivoA propia forma da vivenda xa supón un elemento de protección solar para as fiestras da fachada Sur ao tempo que crea un soportal no exterior no que se sitúan toldos verticais para mellorar a eficiencia enerxética destas xanelas nos días de verán. 

Está climatizada a través do aire procedente da ventilación mecánica con recuperación de calor e unha batería eléctrica de postratamento para o máximo confort.


ACTORES
Arquitectura: Marta Trigás
Passivhaus Designer: Marta Trigás
Arquitectura técnica: Calcugal