Casa Passivhaus K-del Carril 

ESTE PROXECTO AFORRA
1.457,48 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus Classic
DEMANDA DE CALEFACCIÓN
14 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN
12 kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA
80 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE
0,4 renovacións/h

O edificio sitúase na parcela deixando o máximo espazo exterior de xardín. A casa distribúese en dúas plantas e un soto, orientando os espazos habitables á fachada principal orientada cara ao sur. Proxéctase con grandes xanelas para aproveitar as ganancias térmicas durante o inverno e protéxense mediante unha pérgola e proteccións de lamas de madeira para evitar a captación no verán.

Búscase unha combinación de materiais de baixo impacto ambiental, por iso a casa está construida con estrutura de armazón lixeiro de madeira con illamento de celulosa insuflada e con revestimento exterior de SATE. Grazas á súa envolvente deseñada segundo os requisitos Passivhaus conséguese un baixo consumo enerxético e un gran confort no espazo interior.

Calefacción e refrixeración fornecidas a través do aire da ventilación mecánica con recuperación de calor de alta eficiencia.

ACTORES
Arquitectura: Energiehaus Arquitectos
Construción: Papik Cases Passives