Casa Passivhaus Mera

ESTE PROXECTO AFORRA
1208,025 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

9,94 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

91,46 kwh/m2a
HERMETICIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A casa Passivhaus situada na urbanización Punxeiro, Mera, A Coruña, está sobre unha parcela pola que pasan un pequeno regato e as liñas eléctricas, condicionantes urbanísticos que delimitan a volumetría a un pequeno triángulo de 35 m2 de planta.

A casa para dúas persoas está construída con entramado lixeiro de madeira con illamento natural no interior  tanto nas paredes como no forxado e na cuberta. A envoltura térmica complétase cun sistema SATE e algúns detalles cunha fachada ventilada con listóns de madeira.

 

A carpintería é de PVC , vidro triplo baixo emisivo e con control solar. A imposibilidade de xerar sombras a través do volume da propia casa debido ás restricións urbanísticas fixo que todas as fiestras estivesen protexidas polo exterior mediante persianas de lamas orientables que mitigan a incidencia do sol nos meses máis calorosos.

 

A climatización da vivenda fornécese a través do aire procedente da ventilación mecánica con recuperación de calor e unha bobina eléctrica de postratamento para obter o máximo confort interior.

 

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás

Arquitectura técnica: Belén Bouza Testa

Estrutura: Escuadría

Construción: EDM Casas