Foto Marta Trigás

Son Marta, arquitecta, Passivhaus designer e vivo na Coruña.

Interésame colaborar en proxectos de arquitectura bioclimática que logren baixos consumos enerxéticos e alto confort mediante materiais respectuosos co medio ambiente, tendo en conta as condicións climáticas e culturais do lugar, e aproveitando as enerxías renovables.

Estudei arquitectura na Universidade da Coruña, onde estiven a traballar ata que tomei a decisión de que quería construír de maneira responsable co medio ambiente e conseguir espazos confortables para as persoas. Por iso funme a Barcelona a formarme no máster de arquitectura e sustentabilidade da UPC. Durante o curso puiden coñecer o estándar Passivhaus grazas a un taller realizado en Bélxica.

Para o meu é a ferramenta e o medio para poder deseñar e construír de maneira eficiente e respectuosa.

Durante os seguintes 4 anos fun a arquitecta e project manager de Energiehaus, ademais de colaborar con diferentes arquitectos como Daniel Tigges formei parte de diferentes proxectos en España nos que puiden comprobar como funciona o estándar Passivhaus en distintos climas e con multitude de materiais.

Puiden traballar moito con madeira, material ecolóxico, versátil e natural que relegamos na construción nos últimos anos pero que encaixa perfectamente cos edificios de consumo case nulo.

Agora volvín a instalarme na Coruña, onde quero seguir achegando o meu granito de area para deixar un mundo un pouco mellor do que o atopei.

Si podo axudarche a construír o teu proxecto ou tes algunha dúbida sobre os meus servizos contacta comigo a través do meu correo marta@martatrigas.com ou a través do meu perfil de LinkedIn.

Certificado Passive House
Foto Marta Trigás