Casa Passivhaus Carballo

ESTE PROXECTO SALVA
678,3 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus Classic
DEMANDA DE CALEFACCIÓN

12 kwh/m2a
DEMANDA DE REFRIXERACIÓN

– – kwh/m2a
DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA

54 kwh/m2a
ESTANQUEIDADE DO AIRE

0,6 renovacións/h

A vivenda Passivhaus, situada en Carballo, divídese en dous volumes para adaptarse á parcela e buscar a máxima lonxitude de fachada ao Sur e ao Oeste, aproveitando as ganancias solares. O volúmen principal de dúas alturas aliñado coa rúa contén a vivenda. Formando unha L atópase un volúmen dunha altura que contén o garaxe e un taller de madeira. Entre os dous volumes delimítase o xardín ao que se envorca a casa e que ademais serve para dar iluminación e ventilación cruzada a todos os espazos.

Búscase unha combinación de materiais para diferenciar os volumes. A vivenda está construida con estrutura de bloques de formigón celular tipo Ytong que melloran o comportamento térmico da envolvente axudando a reducir o espesor do illamento.  Íllase polo exterior con tan só 60 mm de illamento de la mineral mediante o sistema SATE combinado con fachada ventilada de madeira.

Calefacción e refrixeración mediante chan radiante combinado con recuperación de calor para lograr o máximo confort.

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás

Passivhaus Designer: Marta Trigás

Arquitectura técnica: Breijo Arquitectura

Construción: Mouzo e Souto SL

Certificación: Energiehaus Arquitectos SL