Casa Passivhaus en Biduído

ESTE PROXECTO AFORRA

2241,996 kgCO2/ano

CERTIFICACIÓN
Passivhaus

DEMANDA DE CALEFACCIÓN
13,25 kwh/m2a

DEMANDA DE REFRIXERACIÓN
– – kwh/m2a

DEMANDA DE ENERXÍA PRIMARIA
85,02 kwh/m2a

HERMETICIDADE DO AIRE
0,6 renovacións/h

A casa Passivhaus, está situada en Biduído de Arriba, unha pequena aldea preto de Santiago de Compostela.

O edificio está deseñado nun plano en forma de L para acadar a maior lonxitude da fachada con orientación sur e sur oeste, aproveitando ao máximo as ganancias solares e a comunicación co xardín.

A casa está construída con materiais de baixo impacto ambiental, paredes de madeira laminadas cruzadas (CLT de piñeiro galego) e illamento de la de roca natural para o SATE e as fachadas acabadas en pedra.

carpintería está feita de PVC e vidro triplo de altas prestacións para mellorar o rendemento enerxético do fogar no clima da zona, con invernos fríos e veráns calorosos. Para mellorar o comportamento térmico no verán, deseñouse un soportal perimetral ao redor da casa cara ao xardín e unhas contraventás con listóns fixos de madeira colocados no exterior das fiestras que mitiguen a incidencia do sol nos meses máis calorosos.

A climatización da vivenda fornécese mediante ventilación mecánica de aire con recuperación de calor e unha batería eléctrica de pos tratamento para o máximo confort.

 

ACTORES

Arquitectura: Marta Trigás
Arquitectura técnica e enxeñería: Alce Arquitectura
Estrutura: Escuadría
Construcción: EDMCASAS